Esta son eu...Raquel Cordeiro
Ola! son Raquel Cordeiro. Feminista, activista e psicóloga que busca expandir experiencias e coñecementos nun novo camiño na aprendizaxe da Orientación Laboral para o crecemento profesional e persoal. Actualmente traballando en COCEMFE nun proxecto de educación para a plena inclusión do alumnado con necesidades educativas especificas por motivos de discapacidade, formando e sensibilizando o profesorado. A nivel persoal levo 11 anos de activismo na Asociación Nós Mesmas que loita polos dereito das mulleres LBT (Lesbianas, Bisexuais e Transexuais) onde me especialicei na diversidade afectiva sexual e de xénero. A visibiliade, o empoderamento e a educación son as bases fundamentais para mudar a nosa realidade, abordando este tema en diferentes espazos, traballando por unha igualdade real do colectivo. A diversidade é unha realidade que nos fai máis libres. Esta é miña nube de intereses: Nunca deixo que finalice o día sen escoitar a: : Para rermatar deixo en...